Extinguido o incendio forestal do concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua
O lume iniciouse ás 17,38 horas deste mércores e afectou finalmente unha superficie de 55,85 hectáreas
Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2026
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado este mércores no concello lucense de Taboada, parroquia de Ínsua, quedou extinguido ás 11,23 horas de hoxe.
Este lume iniciouse ás 17,38 horas deste mércores e afectou finalmente unha superficie de 55,85 hectáreas, das cales 46,84 son arboradas e as 9,01 restantes rasas. Para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 4 técnicos, 27 axentes, 31 brigadas, 30 motobombas, 4 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 5 helicópteros e 4 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.