Activo un incendio forestal no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Nogueira

O lume iniciouse ás 17,39 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2026

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, rexistrado no concello pontevedrés de Ponteareas, parroquia de Nogueira.

Este lume iniciouse ás 17,39 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais supera as 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 9 axentes, 8 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.

Data de actualización: 18/08/2026