A Xunta leva o seu Punto Lila e Arco Iris ao Río Verbena Fest de Pontevedra
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou este espazo de información e atención, no que se promove a igualdade, a non discriminación e o bo trato
Pontevedra, 22 de agosto do 2026
A directora xeral de Promoción da igualdade, Eloína Ingerto, visitou esta tarde o Punto Lila e Arco Iris instalado no festival Río Verbena Fest, a través do que a Xunta buscar fomentar a igualdade de xénero, sensibilizar e ofrecer asesoramento. Así indicouno Eloína Ingerto, quen explicou que a finalidade destes espazos é concienciar en favor da non discriminación e do bo trato, ademais de prever calquera situación de violencia contra as mulleres ou contra o colectivo LGTBI.
Ademais da función informativa e de acompañamento, nos puntos lila e arco iris desenvólvense actividades que promoven modelos de comportamentos que rexeitan o machismo, reforzan os vínculos afectivos e favorecen as dinámicas relacionais.
A directora xeral lembrou que a Xunta está a instalar puntos lila e arco iris nos principais festivais de verán, tales como o Festival de Ortigueira, o Portamérica, o Caudal Fest ou o Atlantic Fest.