A Xunta apoia iniciativas como o Torneo Unindo Camiños, que contribúen á normalización das mulleres no deporte
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2026
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, estivo presente esta tarde no III Torneo Internacional Unindo Camiños, no campo municipal de Santa Isabel, unha iniciativa que, destacou, contribúe á visibilidade, promoción e normalización das mulleres no deporte e, en concreto, no fútbol feminino.
Eloína Ingerto remarcou que a presenza das mulleres no deporte, ao igual que no resto de facetas sociais, é imprescindible para acadar unha Galicia máis igualitaria e lembrou que a Xunta apoia e impulsa diferentes iniciativas neste sentido.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 22/08/2026