Activo un incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima
O lume iniciouse ás 06,40 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2026
A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que se rexistra no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima.
Este lume iniciouse ás 06,40 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Asemade, tamén está dispoñible para a súa descarga ALume, a app para avisar sobre incendios forestais activos en Galicia. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X: @incendios085.