Martina Aneiros participa na presentacion do IX Campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol

Ferrol, 26 de agosto de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación da novena edición do Campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol que terá lugar entre os días 28 e 30 de agosto na praia de Penencia. No acto participaron tamén o concelleiro de Deportes, Ricardo Aldrey, o presidente do Club Bodyboard Ferrol, José Harto, e o bodyboarder ferrolán Bruno Martín.

Aneiros destacou a relevancia deste evento deportivo para Ferrol, “que conseguiu consolidarse como unha referencia dentro do bodyboard estatal", contando coa única proba peninsular da Liga Nacional 100% Bodyboard.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/08/2026