O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá as instalacións
A Xunta mellora a climatización da escola infantil pública autonómica de Oia
O Goberno galego financia a instalación de dous equipos que proporcionen un maior confort térmico aos menores e ao persoal do centro
Oia (Pontevedra), 26 de agosto de 2026
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil de Oia, pertencente á rede pública autonómica. Alí, en compañía da alcaldesa do concello, Cristina Correa, comprobou o avance das obras de mellora que se executan este verán neste centro.
A actuación, que a Xunta financia con preto de 13.000 euros, consiste na instalación de dous equipos de climatización que melloren o confort térmico e o benestar tantos dos menores que acoden á escola infantil como do persoal. A previsión é que as obras estean rematadas antes do inicio no vindeiro curso escolar.
O xerente do Consorcio sinalou que esta intervención forma parte do programa de obras de mellora e mantemento nas escolas infantís da Xunta que se levan a cabo todos os anos durante o verán para preparar os centros de cara ao novo curso.