Lourenzá revive este venres a lenda do Conde Santo, co apoio da Xunta

Alfonso Villares participou hoxe na presentación do programa das festas, que conta cos concertos de Pantera Rosa e Grande Osso.

Lourenzá (Lugo), 26 de agosto de 2026

A Xunta colabora coas festas do Conde Santo de Lourenzá, que se desenvolverán dende mañá ata o próximo luns, 31 de agosto, cunha programación que combina os actos máis tradicionais con música e propostas para todos os públicos.

O delegado territorial, Alfonso Villares, participou esta tarde na presentación das actividades xunto con representantes da asociación cultural Conde Santo, encargada da organización.

A celebración comezará mañá coa representación da Lenda do Conde Santo, un dos actos máis emblemáticos destes festexos. O claustro do Mosteiro de San Salvador acollerá a partir das 21,30 horas a tradicional cea, así como os concertos de Pantera Rosa e Grande Osso. Os organizadores animan aos asistentes a acudir ataviados con traxes de época.

Villares puxo en valor o “carácter singular dunha celebración profundamente ligada á identidade de Lourenzá”, que cada ano reúne a veciños e visitantes arredor da figura do Conde Santo.

A programación continuará durante a fin de semana e o luns con diferentes propostas musicais e festivas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/08/2026