A Xunta participa na presentación da competición deportiva Games Series A Coruña que terá lugar no INEF de Oleiros o domingo, dentro do circuíto ‘Games Series Galicia’
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou na presentación da proba, que conta con 610 participantes inscritos nas categorías individual e por parellas
A Coruña, 28 de agosto de 2026
A Xunta, a través de Turismo de Galicia, apoia a probas do circuíto Games Series Galicia que se desenvolverán na Pista de atletismo do INEF en Oleiros o vindeiro domingo, 30 de agosto.
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou hoxe na presentación da cita xunto aos representantes do Colectivo Hércules, organizadores da competición. Trátase dunha modalidade deportiva de fitness ao aire libre que combina catro quilómetros de carreira con nove estacións de exercicios físicos que se realizan de forma intercalada.
Trátase dunha competición sin necesidade de clasificación previa, cun obxectivo primordial, que é o fomento dos valores do deporte e da saúde. Esta proba conta con 610 deportistas inscritos nas categorías individual – masculina e feminina – e por parellas – que tamén poden ser mixtas -. O inicio está previsto para as 9,00 horas.
Desta forma, as instalación do INEF de Oleiros acollen a última das catro semifinais que se celebran en Galicia, unha por provincia. As primeiras foron en Pontevedra, Monterrei e Lugo. Os clasificados para a gran final xogaranse o título na final da Games Series, que terá lugar o 27 de setembro na Estrada.
Ademais, este ano como novidade as catro semifinais puntúan en formato liga, proclamando un campión da liga regular e, posteriormente, o gañador entre os clasificados que competirán na Estrada.