As obras de mantemento dos viadutos da autovía do Morrazo farán necesarios desvíos de tráfico na AG-46 a partir deste martes, 1 de setembro
Trátase de avanzar na execución dos traballos de mantemento e mellora nos viadutos da Moura, A Fraga e A Mó
As actuacións comezarán no viaduto da Mó, onde os vehículos serán desviados á calzada esquerda entre os puntos 5+800 e 7+000, sendo o tramo no que convivirán ambos sentidos de circulación
Coa configuración provisional, a saída 7 (Meira) permanecerá pechada para os vehículos que circulen en sentido Cangas desde Rande, debendo continuar os usuarios ata a saída 9 (PO-313), para realizar un cambio de sentido e regresar pola AG-46 en dirección Rande e acceder a Meira a través da saída 7
Durante estas vindeiras semanas levaranse a cabo os correspondentes desvíos, segundo se vaia actuando en cada un dos tres viadutos
Esta actuación é unha das 17 intervencións planificadas este ano no marco do plan específico da Xunta de inspeccións e conservación de viadutos e pontes, dotado con 13M€
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2026
As obras de mantemento dos viadutos da autovía do Morrazo farán necesario desvíos de tráfico na AG-46, a partir desde vindeiro martes, día 1 de setembro.
Trátase de avanzar na execución dos traballos de mantemento e mellora nos viadutos da Moura, A Fraga e A Mó, o que obrigará a levar a cabo o desvío da circulación pola calzada contraria, habilitando un carril por sentido para garantir a seguridade dous usuarios e do persoal das obras.
As actuacións comezarán este martes 1 de setembro no viaduto da Mó, onde os vehículos serán desviados á calzada esquerda entre os puntos quilométricos 5+800 e 7+000, tramo no que convivirán ambos os sentidos de circulación. Unha vez superada a zona de obra, o tráfico volverá incorporarse á calzada dereita no punto quilómetro 7+000.
Como consecuencia desta configuración provisional, a saída 7 (Meira) permanecerá pechada para os vehículos que circulen en sentido Cangas procedentes de Rande. Como itinerario alternativo, os usuarios deberán continuar ata a saída 9 (PO-313), onde poderán realizar un cambio de sentido para regresar pola AG-46 en dirección Rande e acceder posteriormente a Meira a través da saída 7.
Durante estas vindeiras semanas levaranse a cabo os correspondentes desvíos, segundo se vaia actuando en cada un dos tres viadutos.
Esta intervención na autovía do Morrazo é unha das 17 actuacións planificadas neste ano no marco do plan específico da Xunta de inspeccións e conservación de viadutos e pontes, dotado con 13M€ ata 2029. cuxa finalidade é reforzar a conservación preventiva e a reparación e mantemento destas infraestruturas.