A Xunta licita por máis de 403.000 euros a redacción do proxecto de mellora enerxética do Hospital público de Barbanza

Co obxectivo de acadar un edificio más confortable para profesionais e usuarios, mellorarase a envolvente do edifico, substituíndo os seus muros cortina e carpinterías, ademais de proceder ao illamento da súa cuberta

O proxecto tamén inclúe a instalación de iluminación LED e a substitución de climatizadores e enfriadoras

A execución dos traballos comezará en 2027, cun orzamento estimado que supera os 6,1 M€

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 19 novembro para presentar as súas ofertas

Santiago de Compostela, 15 outubro de 2026

A Xunta publica hoxe no Portal de contratos Públicos de Galicia a licitación, por un importe de 403.272 euros, da redacción do proxecto e dirección das obras de mellora enerxética no Hospital público de Barbanza. O investimento estimado para a execución desta obra, que se prevé iniciar en 2027, sitúase en torno aos 6,1 millóns de euros.

Tras realizar unha auditoría enerxética neste centro hospitalario, o Servizo Galego de Saúde detectou unha serie melloras posibles coas que conseguir un maior rendemento enerxético e así acadar un edificio máis confortable para os seus usuarios e profesionais.

Para conseguir unha significativa diminución no consumo de enerxía a Xunta proxecta unha serie de actuacións entre as que se inclúen a substitución dos muros cortina e mellora das fachadas, o cambio de carpinterías e vidros, a instalación de iluminación LED, o illamento da cuberta, así como a substitución de climatizadores e enfriadoras.

O prazo establecido para a redacción do proxecto será de dous meses, contando desde a formalización do contrato.

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro vindeiro 19 novembro para presentar as súas ofertas.

Data de actualización: 15/10/2026