O delegado da Xunta en Ourense preside a Comisión Territorial de Coordinación
Ourense, 01 de setembro de 2026
O delegado da Xunta, Manuel Pardo, presidiu esta mañá a Comisión Territorial de Coordinación da Delegación tralo período estival na que tomaron parte os directores territoriais das distintas consellerías.
Durante a reunión de traballo, o delegado fixo un repaso polo estado de tramitación das principais intervencións que o Goberno galego está a impulsar nesta área territorial e analizou as actuacións prioritarias que a Xunta ten previsto desenvolver na provincia nos derradeiros catro meses do ano.
Manuel Pardo valorou moi positivamente o desenvolvemento deste tipo de comisións, “xa que serven paran que flúa máis dinamicamente a información de xeito transversal entre os distintos departamentos, analizar entre todos a casuística que se está a producir nos concellos da provincia e atopar as mellores solucións”.