Villaverde acompaña á veciñanza e á xente do mar de Outes na celebración da Festa do Carme do Freixo
Outes (A Coruña), 5 de setembro de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, sumouse á veciñanza, profesionais do sector marítimo-pesqueiro do Freixo durante as celebracións na honra da Virxe do Carme, que incluíron a tradicional procesión marítima. A responsable autonómica participou nos actos dedicados á patroa das xentes do mar neste histórico porto de Outes, un dos referentes da construción de ribeira e da actividade extractiva na ría de Muros e Noia.
Villaverde salientou o orgullo e a identidade viva dunha localidade estreitamente ligada ao mar, onde o esforzo diario das súas familias mantén vixente o legado mariñeiro de Galicia. A responsable autonómica transmitiu o apoio da Xunta a unha comunidade costeira que sabe conxugar as súas raíces artesanais co desenvolvemento económico vencellado á actividade da cadea mar-industria.