A Xunta apunta a importancia de fomentar as iniciativas que favorecen a conciliación, como o campamento de verán de Fagamos

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, lembrou que o Goberno galego financia con 7,4 millóns de euros programas que favorecen o benestar das familias e a igualdade

A Coruña, 6 de setembro de 2026

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou o campamento de verán da Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos). Esta actividade enmárcase no programa Currunchiños de conciliación, para dar resposta as necesidades de soporte nos coidados das familias monoparentais, apoiado pola Xunta de Galicia a través do Plan Corresponsables.

Eloína Ingerto destacou a importancia de levar a cabo iniciativas que favorezan a compatibilidade da vida familiar e laboral, como os campamentos de verán, os programas de madrugadores ou as actividades culturais.

Os proxectos do Plan Corresponsables son, incidiu Eloína Ingerto, unha mostra máis do compromiso do Goberno galego co benestar das familias e coa igualdade. Neste sentido, lembrou que a Xunta destina este ano un total de 7,4 millóns de euros ao desenvolvemento de iniciativas de conciliación en toda Galicia no marco deste plan, que está cofinanciado polo Ministerio de Igualdade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/09/2026