A delegada da Xunta en Ferrol asiste ao festival de arte ‘Meninas de Canido’
2026-09-05
/documents/35297/2273894/AneirosMeninas+1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 5 de setembro de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá o festival de arte Meninas de Canido que se desenvolve desde onte no barrio ferrolá co apoio do Goberno galego.
Durante o percorrido, Aneiros puido valorar o resultado do traballo dalgúns dos artistas que toman parte nesta 18ª edición, así como presenciar algunhas das actividades complementarias da programación deste festiva, que se prolongará ata mañá con música, obradoiros infantís e diferentes propostas gastronómicas.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 05/09/2026