A Xunta pon en valor a ‘Xincana Xente Nova’ impulsada en Ames para implicar a mocidade co comercio local

Ames (A Coruña), 5 de setembro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta tarde á Xincana Xente Nova, organizada pola Asociación de Empresarios de Ames co apoio da Xunta para achegar a mocidade ao comercio, á hostalaría e aos negocios locais. Consiste nunha xincana na que participantes de entre 16 e 30 anos percorren ata as 21,00 h. distintos establecementos do municipio superando retos e probas, ao tempo que descobren a oferta comercial e hostaleira de Ames.

A xincana complétase cun concurso de creación de contidos para redes sociais e cun sistema de premios en bonos para consumir nos negocios participantes. Gabriel Alén salientou a capacidade da acción para conectar coa mocidade a través de formatos innovadores e participativos, ao tempo que se contribúe a poñer en valor o comercio de proximidade, impulsar o consumo local e fortalecer o vínculo das novas xeracións co tecido empresarial do municipio.

Data de actualización: 05/09/2026