María José Gómez reafirma o apoio da Xunta aos produtores, á modernización das explotacións, á calidade e á promoción na II Cata Nacional de Patacas
A titular de Medio Rural asistiu a este certame, que se celebra en Xinzo de Limia como unha das actividades previas á súa Feira do Agro, Alimagro, que ten lugar ao longo da fin de semana nesta localidade ourensá
Sinala que apoiar a agricultura supón tamén apoiar o emprego, a actividade económica e o futuro do medio rural
Recoñece o traballo desenvolvido pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia, un selo que protexe e “garante a calidade da nosa produción”
Xinzo de Limia (Ourense), 4 de setembro de 2026
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reafirmou hoxe o compromiso da Xunta co sector primario en xeral e co da pataca en particular, mediante o apoio aos produtores, a modernización das explotacións e o impulso á calidade e á promoción. Foi no marco da II Cata Nacional de Patacas 2026, que tivo lugar en Xinzo de Limia como unha das actividades previas á Feira do Agro desta localidade, Alimagro, que se celebra esta fin de semana e á que asistiu tamén o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.
A conselleira sinalou que apoiar a agricultura supón tamén apoiar o emprego, a actividade económica e o futuro do medio rural. Valorou, ademais, o feito de que a cata se desenvolva en Xinzo de Limia, xa que esta localidade consolídase así como territorio de referencia na produción de pataca, nun evento no que están representadas as comunidades de Andalucía, Castela e León, Murcia, Madrid e País Vasco, ademais de Galicia.
A cata, organizada pola Asociación de Pobos Produtores de Pataca, ten como finalidade principal poñer en valor a diversidade, a calidade e as características gastronómicas das distintas variedades producidas en España, así como dar visibilidade aos municipios e territorios que manteñen este cultivo como unha parte fundamental da súa actividade agrícola e da súa identidade rural.
Nesta segunda edición participaron un total de nove variedades, entre elas a Kennebec, procedente de Coristanco, a Agria, de Vilar de Barrio, e a Donata, de Xinzo de Limia. O certame contou con Patacas Meléndez como patrocinador principal, así como coa colaboración de Coren, o Concello de Xinzo de Limia e a Revista Campo.
Calidade da pataca de Galicia
Nesta liña, Gómez quixo recoñecer tamén o traballo desenvolvido pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia, un selo que protexe e “garante a calidade da nosa produción”. Engadiu que “son moitos os produtos galegos que as persoas consumidoras recoñecen pola súa excelencia” e, neste sentido, “se hai un que representa á perfección o espírito de Galicia Calidade é a pataca”.
Neste mesmo contexto, a conselleira puxo en valor a celebración de Alimagro como cita que vai reunir produtores, empresas, profesionais e institucións arredor da agricultura e, especialmente, da pataca. “Un bo lugar para intercambiar coñecemento e avanzar”,