Diego Calvo asiste á entrega de premios do Rally Terra de Galicia

A Coruña, 5 de setembro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na Coruña no acto de entrega de premios da segunda edición do Rally Terra de Galicia.

Previamente asistiu pola tarde ao tramo do Rally Terra de Galicia en Carballo, na última das tres xornadas da segunda edición desta proba, que puntúa para o Campionato de España de Rallyes de Terra. Ademais do concello carballés, A Coruña, Arteixo, A Laracha, Cerceda, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Tordoia tamén son escenario desta competición, que sitúa a Galicia no mapa do automobilismo nacional.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/09/2026