Ana Ortiz participa na apertura do curso escolar no CEIP Canicouva de Vigo
2026-09-09
/documents/35297/2281140/20260909+CEIP+Canicouva.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 9 de setembro de 2026
A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores xunto ao director territorial de Educación, César Pérez Ares, no acto de apertura do curso escolar no CEIP Canicovua da cidade olívica, no que este ano haberá 284 alumnos e 31 profesores. A representante autonómica destacou que o curso arranca cunha cifra récord de docentes pese ao contexto demográfico, 298.436 alumnos en toda Galicia, 4.617 menos que o ano pasado. Ademais, Ortiz sinalou que no conxunto de Galicia haberá 900 profesores máis só se contamos a etapa de Secundaria, 150 deles especialistas en atención á diversidade.
Data de actualización: 09/09/2026