A Xunta participa en Ourense na presentación do programa da Federación Galega de Comercio para reforzar a presenza dixital e a relación coa clientela

Ourense, 10 de setembro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación do programa formativo e no networking sobre dixitalización que tivo lugar na sede da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), no marco do convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e a Federación Galega de Comercio (FGC). Acompañado do presidente da CEO, David Martínez, do presidente da FGC, José María Seijas, e da presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, destacou que a xornada busca dar a coñecer solucións e recursos prácticos para mellorar a presenza dixital e a relación coa clientela nos distintos negocios.

Trátase dunha das sesións previstas ao abeiro do programa gratuíto de formación e asesoramento dirixido ao sector comercial galego, que se estrutura en catro encontros para intercambiar experiencias e formar sobre dixitalización, marketing e vendas, xestión e estratexia, tendencias e sostibilidade. Alén salientou que estas xornadas permitirán compartir e coñecer experiencias reais e xerar un espazo útil para o debate, a aprendizaxe e a creación de novas conexións profesionais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/09/2026