A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a feira Aúna Partner Days 2026, especializada nos sectores da electricidade, a fontanería e a enerxía
Lorenzana salienta o papel das empresas instaladoras para trasladar a eficiencia enerxética aos fogares
A feira está organizada por Aúna Distribución, unha das principais centrais de compras e servizos en España especializada neste mercado, que agrupa 89 empresas distribuidoras cun volume de negocio superior aos 2.100 M€
Apunta que “permite interrelacionar a toda a cadea de valor” e a profesionais dun sector altamente demandado onde a formación é clave para ofrecer un servizo de calidade tanto á industria como aos consumidores domésticos
A Coruña, 17 de setembro de 2026
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a feira Aúna Partner Days 2026, que reúne profesionais e empresas distribuidoras do sector da fontanería, a electricidade e a enerxía, onde puxo de manifesto o papel esencial que desempeñan estas empresas á hora de trasladar a eficiencia enerxética aos fogares.
A feira, que se celebra en ExpoCoruña, está organizada por Aúna Distribución, unha das principais centrais de compras e servizos en España especializada no sector da enerxía e en solucións para a instalación. Agrupa 89 empresas distribuidoras e 463 puntos de venda, cun volume de negocio agregado superior aos 2.100 millóns de euros.
A conselleira apuntou que se trata dun evento que “permite interrelacionar a toda a cadea de valor” e a profesionais dun sector altamente demandado onde a formación é clave para ofrecer un servizo de calidade tanto á industria como aos consumidores domésticos, dixo.