A Xunta reúnese coa confraría de Camelle nunha xornada de escoita activa co sector pesqueiro

Camariñas (A Coruña), 18 de setembro de 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, acompañado do subdirector xeral de Pesca, Pedro Riveiro, reuniuse onte co patrón maior da confraría de pescadores de Camelle, Xosé Xoán Bermúdez, nas instalación do pósito, para abordar as principais preocupacións e necesidades do sector pesqueiro e marisqueiro da zona.

Durante o encontro analizaron, entre outras cuestións, a situación da pesqueira do polbo e a petición de incluír o porto de Santa Mariña como porto secundario. Os representantes da Consellería do Mar coñeceron de primeira man esta demanda visitando o propio porto de Santa Mariña, co obxectivo de estudar a súa viabilidade e avanzar nunha solución favorable para o sector.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 18/09/2026