A Xunta traslada a importancia da educación en igualdade aos alumnos do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Lugo
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, lembrou o compromiso do Goberno galego coa sensibilización das xeracións máis novas
Lugo, 18 de setembro de 2026
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, incidiu esta mañá na importancia da educación en igualdade ante o alumnado do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Lugo, onde participou na inauguración do curso escolar.
Eloína ingerto dialogou cos estudantes de Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) deste centro educativo nun encontro no que lles trasladou que “educar en igualdade é a forma de garantir unha Galicia mellor”. Neste sentido, abordou a necesidade de que os mozos teñan as claves para manter relacións respectuosas e do bo trato tanto no ámbito educativo como no social.
A directora xeral lembrou que un dos piares da Xunta de Galicia é a sensibilización das xeracións máis novas, polo que trasladou o compromiso da Administración autonómica por seguir traballando na igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.