A Xunta recibe dúas ofertas para executar as obras de humanización da contorna de Santa Baia de Berredo, no Concello da Bola

 

A actuación, licitada por un importe de preto de 190.000 euros, se enmarca no Plan Hurbe da Xunta, e permitirá intervir nos lugares de Anxá e A Eirexa

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2026

A Xunta recibiu un total de dúas ofertas de empresas para executar as obras de humanización do entorno de Santa Baia de Berredo, no concello da Bola.

Estes traballos, licitados por preto de 190.000, enmárcanse no Plan Hurbe da Administración autonómica, co que colabora coas administracións locais para financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.

En concreto, a través deste contrato, proponse intervir nos lugares de Anxá e A Eirexa. Actuarase en dous camiños desta parroquia de Berredo que comunican a estrada autonómica ata a capela situada no lugar de Anxá e a igrexa parroquial no lugar da Eirexa.

Os tramos do viario sobre os que se prevé actuar comparten, nestes momentos, o uso peonil co tráfico rodado. A través da actuación, trátase de dotalos dun novo pavimento, na actualidade deteriorado.

A Xunta asinou co Concello da Bola un convenio ao abeiro do Plan Hurbe para financiar esta actuación, que suporá investimento total se eleva a 260.513€. A Consellería de Vivenda e Planificación de infraestruturas a través desta cooperación achegará o 70% do orzamento desta intervención, contrata as obras  e as executará. O Concello da Bola asumirá o 30% restante do custe das obras, e corresponderalle o mantemento e conservación ao remate das mesmas.

Data de actualización: 20/09/2026