O Padroado da Funga nomea a Paula Sande como nova directora xerente
Docente de profesión, dedicou parte da súa traxectoria ao labor social na promoción da autonomía e o envellecemento activo dos maiores
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026
O Padroado da Fundación Pública Galega para o Apoio ao Exercicio da súa Capacidade Xurídica (Funga) reuniuse esta mañá de xeito extraordinario en San Caetano. Nesta xuntanza, nomeouse a Paula Sande como nova directora xerente da institución.
Paula Sande é docente de profesión, aínda que dedicou gran parte da súa traxectoria profesional ó eido social na promoción da autonomía e o envellecemento activo dos maiores a través da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal). Entre o 2004 e o 2020 ocupou o cargo de xerente desta entidade social, dándolle un importante impulso e consolidándoa como un referente en toda Galicia.
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, destacou que a traxectoria de Paula Sande demostra o seu compromiso cunha sociedade galega integradora e comprometida coas persoas máis vulnerables. Neste sentido, tamén quixo trasladar o seu agradecemento á anterior directora xerente, Eloína Ingerto, polo seu traballo; así como ao coordinador da Funga, Francisco Brea, polo seu labor de xestión na entidade.