A fachada da sede da Xunta en Lugo ilumínase esta noite en cor morada para conmemorar o Día Mundial do Alzhéimer

Lugo, 21 de setembro de 2026

A fachada da Delegación Territorial da Xunta en Lugo iluminarase esta noite de cor morada para sumarse aos actos impulsados por Afalu con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, que se conmemora hoxe. O obxectivo é dar visibilidade a esta enfermidade e sensibilizar á sociedade sobre a realidade das persoas afectadas e as súas familias.

O delegado territorial, Alfonso Villares, amosou o seu apoio a Afalu e puxo en valor o labor que desenvolve a asociación para garantir unha atención individualizada ás persoas con alzhéimer e ofrecer asesoramento e orientación ás súas familias.

Villares destacou tamén o compromiso da Xunta coa atención ás persoas afectadas por esta doenza e co apoio aos seus familiares e lembrou que Galicia conta cunha rede de centros de día públicos -impulsados pola Administración autonómica- integrada por dez espazos atendidos por profesionais especializados no alzhéimer.

Data de actualización: 21/09/2026