Fabiola García participa na tradicional romaría de San Mateo de Vilouchada

Trazo (A Coruña), 21 de setembro de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, participou hoxe na romaría de San Mateo de Vilouchada, que compartiu coa alcaldesa de Trazo, Fina Suárez, e coa delegada da Xunta en A Coruña, Belén do Campo.

A romaría é unha das citas destacadas da comarca e atrae cada ano a centos de devotos ata o templo coñecido como a Catedral da Montaña. Unha tradición na que a conselleira  estivo hoxe xunto aos veciños da contorna, para os que supón un nexo de unión e unha actividade de confraternización.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/09/2026