Fabiola García destaca que 164 persoas se beneficiaron dos descontos do Carné +65 na SD Compostela

A conselleira de Política Social e Igualdade visitou esta mañá as instalacións da SD Compostela, que está adherida a este programa

Santiago de Compostela, 26 de setembro do 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou hoxe as instalacións da SD Compostela para poñer en valor o Carné +65, programa da Xunta de Galicia ao que está adherido esta entidade deportiva. Fabiola García destacou a importancia de que un club de referencia e con tanto arraigo como a SD Compostela participe nesta iniciativa, a través do que se quere fomentar o envellecemento activo.

A conselleira destacou que graza ao Carné +65 son moitas as persoas maiores que desfrutan de descontos e vantaxes en servizos de saúde e benestar, hostalería, ocio e lecer, produtos e eventos culturais, etc. No caso da SD Compostela, un total de 164 persoas beneficiáronse do desconto no abono ao club grazas ao Carné +65, que ofrece unha bonificación do 20 % e contribúe así a facilitar o acceso das persoas maiores á práctica e ao goce do deporte. 

Nestes momentos, son arredor dun milleiro os establecementos adheridos en toda Galicia nos que se pode facer uso deste carné. No caso da SD Compostela ofrécense descontos do 20% no prezo do abono para a tempada 2027-2027.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/09/2026