O delegado da Xunta visita as actividades de divulgación científica que acolle Lugo no marco do ‘iTerra Night’ e o ‘G-Night’

Lugo, 25 de setembro de 2026

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, visitou hoxe en Lugo as actividades do iTERRA Night, organizada polo Instituto de Saúde Global e Desenvolvemento Sostible (iTerra) do campus lucense, co fin de achegar a investigación e o coñecemento científico á cidadanía.

O soto da praza de Abastos e o mercado de Quiroga Ballesteros – este último no marco da G-Night, Noite Galega das Persoas Investigadoras – acolleron demostracións, obradoiros e talleres de experimentación e divulgación científica para todas as idades.

Villares salientou que esta xornada supón unha boa oportunidade para dar a coñecer a actividade investigadora que se desenvolve en Galicia e, máis concretamente, no campus lucense; así como para divulgar a importancia que ten a ciencia na vida cotiá.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/09/2026