A Xunta apoia a segunda edición do programa ‘O noso reto solidario’ impulsado pola Fundación Amicos

Pontevedra, 28 de setembro de 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá no acto de presentación da segunda edición do programa O noso reto solidario, impulsado pola Fundación Amicos —xunto coa Fundación Botín e a Fundación Roberto Rivas— e apoiado pola Xunta. Alí, destacou a iniciativa pola súa aposta a prol do emprendemento, a innovación e a creación de emprego sostible pegado ao territorio, potenciando a fórmula da economía social ao tempo que se contribúe á fixación de poboación.

Salientando as achegas autonómicas á Fundación Amicos en beneficio da empregabilidade de persoas con discapacidade intelectual, a directora xeral avalou o compromiso do Goberno galego coa economía social recordando os preto de 45 M€ orzamentados este ano para darlle pulo. Tamén a Estratexia galega da economía social: horizonte 2027 orientada a priorizar a transición ecolóxica e os sectores vinculados ao emprego verde, á economía circular, á xestión do medio rural e ás enerxías renovables, así como os plans locais de economía social que se veñen de presentar en Baiona e Ribadavia, co fin de identificar as oportunidades desas contornas e de definir medidas adaptadas ás súas características sociais, económicas e produtivas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/09/2026