A Xunta inviste 60.000€ en obras de mellora no Colexio Manuel Villar Paramá da Estrada

A Estrada (Pontevedra), 1 de outubro de 2026

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, visitou hoxe o Colexio Manuel Villar Paramá para comprobar o resultado das melloras realizadas pola Xunta nas instalacións deste centro estradense, cun orzamento total de 60.000€. En concreto, acometeuse a renovación da zona administrativa do centro, coa colocación de falsos teitos e tarefas de pintado, e renovouse a instalación de internet nas aulas. A maiores, están pendentes de rematar melloras na carpintería exterior e luminarias do centro.

O representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destacou que a Xunta está a investir máis de 7,2 M€ en obras de mellora e ampliación dos centros educativos da Estrada, con actuacións tan importantes como o novo edificio de talleres de FP do Instituto Antón Losada Diéguez (3 M€) ou as rehabilitacións integrais dos colexios Pérez Viondi (1 M€) e de Figueiroa (840.000 €).

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/10/2026