Diego Calvo felicita a Enmanuel Reyes pola súa recente prata no Campionato de Europa de Boxeo

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, reuniuse hoxe en San Caetano con Enmanuel Reyes Pla, boxeador de orixe cubana e afincado na Coruña que recentemente se proclamou subcampión de Europa na categoría de -90 Kg. Durante o encontro, Diego Calvo felicitouno tamén polo ouro conquistado nos últimos Xogos Mediterráneos e recordou que é o único medallista olímpico do boxeo galego, logo de gañar o bronce nos Xogos Olímpicos de París 2024.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/10/2026