Medio Rural destaca os produtos hortofrutícolas galegos na feira Fruit Attraction de Madrid

A director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiron hoxe á inauguración deste evento

O evento conta coa presenza de seis empresas galegas do sector e dos consellos reguladores das IXP Pataca de Galicia e Castaña de Galicia

Madrid, 6 de outubro de 2026

O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiron hoxe á primeira xornada da XVIII edición da feira Fruit Attraction, que se celebra ata este xoves no recinto de Ifema, en Madrid. Este evento conta coa participación da Consellería de Medio Rural, que pon en valor os produtos hortofrutículas galegos nun espazo propio de promoción.

Deste xeito, a produción galega ocupa un posto formado polos consellos reguladores da IXP Pataca de Galicia e Castaña de Galicia, ademais das empresas Porto-Muíños S.L., Freshcut, Legufrut Agro S.L.U., Miguel Areán e Hijos S.L., Horsal Cooperativa Galega e Agrocebola S.L.

A presenza de produtos galegos nesta iniciativa enmarcarase na nova identidade de promoción Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos alimentos galegos amparados por figuras de calidade diferenciada, poñendo o foco na súa calidade, orixe e vinculación co territorio.

Fruit Attraction

Esta 18ª edición da feira prevé unhas cifras de participación superiores a 2.500 empresas, 162.000 m2 de ocupación e ao redor de 121.000 profesionais de máis de 150 países, consolidando a súa posición como un dos principais encontros internacionais do sector.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/10/2026