A Xunta forma a 100 persoas desempregadas no programa integrado de Moaña cun investimento de 220.000€
A delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este venres o curso financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Moaña (Pontevedra), 9 de outubro de 2026.
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este vernes en Moaña o Programa Integrado de Emprego (PIE) financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración cun investimento de 220.000 euros.
A representante autonómica animou aos participantes durante a clausura do actual Programa Integrado de Emprego, no que un total de 100 persoas desempregadas recibiron formación desde outubro de 2025, a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo.
Ana Ortiz salientou o compromiso do Goberno galego por incrementar as oportunidades e a estabilidade laboral dos galegos e galegas, cunha formación adaptada ás demandas reais do mercado e en colaboración cos concellos.
Fixo así especial fincapé na ampla dimensión destes programas, por canto melloran a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade, con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo.