Miguel Corgos e Belén do Campo participan no acto de izado de bandeira e na homenaxe aos que deron a súa vida por España con motivo do Día da Festa Nacional

A Coruña, 10 de outubro de 2026

O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron este sábado no Acto de Izado Solemne da Bandeira e no posterior Acto de Homenaxe aos que deron a súa vida por España, celebrado na Dársena do Paseo Marítimo do Porto da Coruña con motivo do Día da Festa Nacional 2026.

O acto, de carácter solemne e institucional, reuniu representantes das Forzas Armadas, das distintas administracións e doutras institucións e entidades da provincia da Coruña.

Durante a celebración, realizouse o tradicional izado solemne da Bandeira de España e, posteriormente, a homenaxe aos que deron a súa vida ao servizo de España, nun momento de especial significado e respecto.

Belén do Campo destacou a importancia de participar neste tipo de actos institucionais que permiten expresar o recoñecemento e respecto ás persoas que dedicaron a súa vida ao servizo do país e da sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/10/2026