A Xunta destaca o papel da Carreira Pedestre de Santiago no desenvolvemento do atletismo popular en Galicia

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou na presentación da 47ª edición da proba, que se disputará o vindeiro 25 de outubro

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2026

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, participou hoxe no acto de presentación da 47ª edición da Carreira Pedestre Popular de Santiago, que percorrerá as rúas compostelás o vindeiro 25 de outubro con meta na praza do Obradoiro.

Roberto García destacou a longa traxectoria da carreira, que en 2029 cumprirá 50 anos, e o seu papel no desenvolvemento do atletismo popular en Galicia. Tamén incidiu no bo momento que atravesa o atletismo galego, tanto no ámbito federado como no deporte de base, cunha elevada participación nas actividades relacionadas co atletismo do programa Xogade, como é o caso do atletismo en pista, o cros escolar e Xogando co atletismo.

Roberto García incidiu no carácter aberto da proba, que reúne participantes de diferentes idades e niveis, desde atletas de alto nivel ata corredores afeccionados e categorías máster e menores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/10/2026