A delegada da Xunta en Ferrol mantén un encontro coa presidenta da Asociación Turística, Inclusiva, Cultural e Social I'TICS

Ferrol, 13 de outubro de 2026

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá un encontro con Rosa María Echevarría, presidenta e fundadora da Asociación Turística, Inclusiva, Cultural e Social, I’TICS, con sede en Pontedeume. Unha entidade sen ánimo de lucro que promove iniciativas turísticas, culturais e sociais pensadas dende a inclusión e accesibilidade e aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Durante o encontro, Aneiros puido coñecer algúns dos proxectos nos que se atopa a inmersa a entidade, entre outros o festival musical accesible e inclusivo do Camiño de Santiago, Inclusón, unha iniciativa deseñada desde a accesibilidade que pretende unha participación igualitaria como una forma de “xerar cultura, convivencia, igualdade de oportunidades e pertenza ao territorio”, segundo indicou a responsable da entidade.

A reunión enmárcase dentro da rolda de contactos que, de maneira habitual, a delegada da Xunta vén mantendo cos representantes do tecido social, cultural e económico do ámbito territorial coa finalidade de coñecer de primeira man as necesidades e principais demandas do territorio e estreitar as vías de colaboración.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/10/2026