A Xunta licita as actuacións para mellorar a eficiencia enexética da Academia Galega de Seguridade Pública

Os traballos inclúen a instalación dunha caldeira de biomasa que cubra a demanda de enerxía térmica do edificio e melloras na cuberta

As empresas interesadas teñen de prazo ata o 9 de novembro para presentar as súas ofertas

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2026

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia da Xunta publica hoxe a licitación das obras de optimización enerxética e mellora da cuberta e nova sala de caldeiras do edificio da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) na Estrada.

As empresas interesadas teñen de prazo para presentar as súas ofertas ata o vindeiro 9 de novembro e prevese que a actuación se leve a cabo no prazo desde o día seguinte á data da sinatura da acta de comprobación da implantación.

Cun orzamento base de licitación de máis de 747.700 euros e coa cofinanciación de fondos europeos Feder, o obxectivo desta actuación é acadar un importante un aforro na facturación enerxética, grazas á vantaxe en custo que supoñen o emprego de emerxías como a biomasa e a fotovoltaica, ademais de mellorar o comportamento térmico da cuberta existente.

Así, a actuación inclúe, por unha parte, a instalación de biomasa que cubra a demanda de enerxía térmica do inmoble co fin de reducir o consumo enerxético asociado á súa utilización. Tamén se prevé a colocación de caldeiras, a execución dunha instalación solar fotovoltaica, así como traballos de instalación eléctrica e de illamento térmico e de cubertas.

Data de actualización: 14/10/2026