A Xunta participa en Vigo na presentación do ‘III Mercado cerámico’ do barrio de Teis

Vigo, 15 de outubro de 2026

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe en Vigo na presentación do III Mercado cerámico, unha iniciativa que recibe o apoio autonómico para converter o Mercado de Teis nun punto de encontro entre o comercio local, a artesanía e a creación artística. Así, este sábado 17 de outubro, de 10,00 a 20,00 horas, un total de 21 expositores de cerámica compartirán espazo coas persoas comerciantes e clientela habitual das instalacións.

O director xeral destacou que a cita combinará a exposición e venda de pezas cerámicas cunha programación complementaria que incluirá obradoiros, propostas divulgativas e actuacións musicais en directo. Celebrou que se acade xa a terceira edición do Mercado cerámico, un evento dinamizador que —segundo salientou— conseguirá ampliar a oferta habitual do Mercado de Teis, favorecendo a relación entre os profesionais da artesanía e os comerciantes e contribuíndo a atraer novos públicos ao comercio de proximidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 15/10/2026