A Xunta destaca en Vigo a importancia de conectar talento e oportunidades laborais

Vigo, 22 de outubro de 2026

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, participou hoxe en Vigo na inauguración da Feira de emprego organizada pola Fundación Impulsarse. Alí, referiuse á importancia de contar con eventos coma este, que axudan a poñer en contacto empresas e persoas en busca de novas oportunidades profesionais co fin de consolidar un mercado laboral forte, dinámico e inclusivo.

Nese senso, a secretaria xeral salientou a presenza na feira dos principais sectores xeradores de emprego da contorna viguesa, cun espazo para materializar entrevistas entre empresas e candidatos. Tamén o programa orientado a impulsar o emprendemento ou a empregabilidade de colectivos prioritarios, en liña con medidas autonómicas como a Rede de polos ou os diferentes incentivos á contratación.   

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/10/2026