A Xunta remite para tramitación ambiental o Plan de Ordenamento para crear o novo parque empresarial da Cañiza

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2026

A Consellería de Economía e Industria, vén de enviar para tramitación ambiental o borrador do instrumento de ordenamento para crear o novo parque empresarial da Cañiza e que dotará a este municipio pontevedrés de máis de 846.000 m2 de solo industrial.

O borrador do Plan Estruturante de Ordenación de Solo Empresarial (Peose) que agora se remite á Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para avaliación ambiental, permite planificar e ordenar as actuacións urbanísticas necesarias para a creación do polígono industrial.

Trátase de axilizar o máximo posible o desenvolvemento de solo naqueles concellos e comarcas onde se pode continuar desenvolvendo economicamente a zona pero sempre con respecto aos trámites administrativos e medioambientais e intentando acompañar ao tecido produtivo.

Data de actualización: 06/11/2026