O delegado territorial pon en valor o labor das entidades que traballan para mellorar a vida das persoas máis vulnerables nunha visita á Asociación Mulleres en Igualdade de Tui

O delegado territorial visitou esta mañá a Asociación Mulleres en Igualdade de Tui para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a entidade

Fernández destacou o compromiso da Xunta co tecido asociativo e con aquelas organizacións que contribúen a construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e solidaria

Tui (Pontevedra), 11 de novembro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou esta mañá esta mañá a Asociación Mulleres en Igualdade de Tui para coñecer de primeira man o labor que desenvolve esta entidade e o seu compromiso coa atención e o acompañamento das persoas que máis o necesitan.

Durante o encontro, Fernández puxo en valor a importancia do traballo que realizan asociacións como Mulleres en Igualdade que, desde a proximidade e o coñecemento da realidade social, contribúen a mellorar a vida das persoas máis vulnerables e a avanzar cara a unha sociedade máis xusta e igualitaria.

O delegado territorial destacou o compromiso da Xunta de Galicia co tecido asociativo e con todas aquelas entidades que desenvolven unha función social fundamental. “Detrás destas asociacións hai persoas que dedican o seu tempo e esforzo a axudar aos demais. É importante recoñecer ese traballo e seguir apoiando iniciativas que teñen un impacto directo na vida de moitas persoas”, sinalou Pablo Fernández.

Así mesmo, Fernández subliñou a importancia da colaboración entre as administracións públicas e as entidades sociais para dar resposta ás necesidades da cidadanía, especialmente daquelas persoas que atravesan situacións de maior vulnerabilidade. Neste sentido, reafirmou a vontade da Xunta de continuar traballando xunto a este tipo de entidades, que son unha peza fundamental para fortalecer a cohesión social e o benestar da sociedade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/11/2026