O delegado territorial reúnese coa veciñanza de Carregal, en Tomiño, para informar sobre o futuro itinerario peonil e ciclista na PO-552
O delegado territorial mantivo esta mañá un encontro cos residentes para resolver as súas dúbidas e escoitar as súas peticións e inquedanzas sobre o proxecto.
A actuación, que se prevé licitar e iniciar o vindeiro ano, permitirá habilitar un itinerario peonil e ciclista ao longo de 3,6 quilómetros.
Tomiño (Pontevedra), 11 de novembro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, reuniuse esta mañá con veciños de Carregal (parroquia de Amorín), no concello de Tomiño, para abordar o proxecto de construción dun itinerario peonil e ciclista ao longo de 3,6 quilómetros na estrada PO-552, cuxas obras se prevén licitar e iniciar o vindeiro ano.
Durante o encontro, Fernández tivo a oportunidade de explicar os detalles da actuación e resolver as dúbidas trasladadas polos residentes, ademais de escoitar de primeira man as súas peticións, propostas e inquedanzas sobre o desenvolvemento do proxecto.
O delegado territorial subliñou que escoitar a cidadanía é fundamental para desenvolver actuacións que respondan ás necesidades reais da poboación e convidou a todos os afectados a ler atentamente o proxecto que se atopa e trámite de información pública para presentar as alegacións que consideren pertinentes.