Villares subliña o compromiso do profesorado “para sementar inquietudes científicas nos estudantes”
Lugo, 12 de novembro de 2026
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, participou hoxe na apertura do XXXIX Congreso de ENCIGA, a asociación de profesores e profesoras de Ciencias de Galicia, que se celebrará ata o próximo sábado no IES Lucus Augusti.
Reúne a máis de 160 asistentes nun completo programa de conferencias e obradoiros de traballo nos que compartirán coñecementos e técnicas de aprendizaxe. Villares destacou o elevado nivel de participación como “unha proba de compromiso e vocación, as mellores credenciais para sementar inquietudes científicas entre os estudantes”.
Na mesma liña, gabou a súa implicación nos Polos Creativos e os Clubs de Ciencia que impulsa o Goberno galego nos centros educativos para promover as vocacións en Ciencias, Matemáticas e Enxeñaría, “proxectos que están a dar interesantes froitos grazas á dedicación do profesorado”, sinalou.