A Xunta e o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia asinan un convenio para poñer en valor a vertebración viaria da comunidade

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e a decana do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, Lorena Solana, asinaron un convenio de colaboración para a divulgación e posta en valor da contribución destes profesionais no desenvolvemento das infraestruturas da comunidade e o impacto histórico e social da rede de estradas de Galicia.  Ao acto asistiron a directora da Axencia Galega de Infraestruturas, María Deza, así como membros da directiva do Colexio.

No marco deste acordo, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas contribuirá á edición dun libro especializado e a organización dunha xornada formativa e de posta en valor da vertebración viaria e desenvolvemento de Galicia.  Ambas as dúas entidades colaborarán na elaboración dos contidos e na difusión de iniciativas neste ámbito.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/11/2026