O delegado da Xunta en Ourense participa na presentación das ‘XXIV Xornadas de Exaltación da Centola do Grove’
Ourense, 19 de novembro de 2026
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, acompañado do alcalde de Ribadavia, César Fernández, participou esta mañá na Igrexa da Madalena na presentación das XXIV Xornadas de Exaltación da Centola do Grove, que se desenvolverá dende o vindeiro 26 de novembro ata o 8 de decembro nesta vila pontevedresa.
No acto, o delegado sinalou que esta cita gastronómica, que conta co patrocinio da Consellería do Mar coa colaboración de Turismo de Galicia, busca desestacionalizar o turismo, dinamizar a restauración e o comercio, e posicionar os produtos pesqueiros de alta calidade no mercado.
Manuel Pardo agradeceu aos representantes da asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (Emgrobes) e ás Confrarías que impulsan esta iniciativa, que viñeran a presentar estas xornadas neste templo emblemático da provincia ourensá; e desexoulles que esta nova edición volva atraer a milleiros de visitantes á localidade arousá para gozar do seu marisco e das actividades culturais e festivas asociadas.