A Xunta licita as obras de derribo dunha edificación residencial construída de maneira ilegal en solo rústico en Ledoño, no concello de Culleredo

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística declarara ilegalizables estas obras e, unha vez que os promotores non cumpriron a orde de demolición, executará os traballos de derribo de xeito subsidiario

A actuación licítase por importe de preto de 120.000€

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2026

A Xunta vén de licitar por preto de 120.000€ (117.831€) as obras de derribo dunha edificación residencial construída de maneira ilegal en Ledoño, no municipio coruñés de Culleredo. As empresas poden presentar ofertas ata o 14 de decembro.

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) declarara ilegalizables estas obras ao executarse en solo rústico, e ordenara aos seus promotores a demolición e a reposición dos terreos ao seu estado anterior.

Ao non cumprir esa resolución, a Axencia impuxo ata cinco multas coercitivas aos promotores sen que procedesen á demolición, polo que, esgotada esta vía, a Administración autonómica executará o derribo de xeito subsidiario e repercutirá os custos sobre os promotores.

Data de actualización: 24/11/2026