Villares resalta a aposta dos criadores de capón de Vilalba por unha produción “arraigada ao territorio e moi valorada polos consumidores”

Vilalba (Lugo), 24 de novembro de 2026

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, visitou hoxe unha granxa da parroquia vilalbesa de Noche, onde a produtora Carmen Losada se adica á cría de capóns de Vilalba.

Villares puxo en valor o labor de todos os criadores e criadoras que co seu traballo manteñen viva a produción desta especie avícola. “Coa súa dedicación sosteñen unha tradición que xoga un papel importante na economía das explotacións”, apuntou, ademais de “apostar por un modelo produtivo arraigado ao territorio e moi valorado polos consumidores”.

Así mesmo, Villares subliñou o impulso deste produto a través da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Capón de Vilalba, xestionada pola Consellería do Medio Rural, que ten rexistrados actualmente tres operadores certificados para comercializar baixo este selo de calidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/11/2026