A Xunta participa en Culleredo na fase final do programa ‘Impulsa Talento Galego’ a prol do emprendemento comercial

Culleredo (A Coruña), 26 de novembro de 2026

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou hoxe no acto de presentación dos proxectos finalistas do programa Impulsa Talento Galego, promovido polo Coruña The Style Outlets coa colaboración da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego da Xunta. Alí puxo en valor esta iniciativa, que busca apoiar emprendedores e marcas emerxentes do sector comercial, centrándose en eidos como a moda, os accesorios, a xoiería e os produtos de estilo de vida.

A directora xeral aproveitou para animar a clientela do centro comercial a votar entre os cincos proxectos finalistas e para destacar o asesoramento personalizado e gratuíto que ofrecen os 15 Polos de emprendemento espallados polo territorio galego. No caso da provincia coruñesa, lembrou que están situados en Ferrol —o que lle corresponde ao concello de Culleredo—, Coristanco e Melide. Engadiu que pode acudir á Rede calquera iniciativa emprendedora, tanto se aínda non se fixo realidade como se precisa avanzar nalgunha fase de negocio co gallo de garantir o seu éxito no mercado.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/11/2026