A Xunta apoia a posta en valor dos recursos termais do municipio ourensán de Bande

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou no acto de presentación do proxecto gañador e finalistas do concurso convocado polo Concello para a construción dun centro termal nos Baños

Compartir
  • whatsapp

Bande (Ourense), 24 de xaneiro de 2023 O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, salientou esta mañá o apoio da Xunta de Galicia á posta en valor dos recursos termais do municipio ourensán de Bande.

Fernández Vila, que participou no acto de presentación do proxecto gañador e finalistas do concurso convocado polo Concello para a construción dun centro termal nos Baños, lembrou que a Administración autonómica leva destinados preto de 90.000 euros para colaborar con Bande na realización dos proxectos técnicos e as análises de augas precisas para a declaración da condición de mineiro medicinal e termal das augas procedentes da captación “O Baño”, obtida o pasado verán.

Na súa intervención, o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais lembrou que Galicia conta desde o ano 2019 cunha lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais, que pon en valor este tipo de instalacións. Do mesmo xeito, apuntou que a Administración autonómica volverá convocar a liña de axudas para impulsar os aproveitamentos lúdicos.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 24/01/2023